COMENTARIOS

viernes, 25 de enero de 2013

RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS XORNADA 18ª



OLIMPICO C.F.-
SPORTING MECIENDE1-1
 
SPORTING CAMBRE -
SAN TIRSO S.D.
ap

  


BETANZOS C.F.-
AT. ARTEIXO 4-0
 
BERGANTIÑOS B-
S.C.R.D. BURGO -ap-

  
S.C.D. PASTORIZA -
C.D. DORNEDA-ap-

  
LARACHA F.C. -
S.D. BREXO LEMA4-4

  
AT. PERILLO -
ONCE CABALLEROS C.F.0-7

 
C.C.D. CERCEDA-
ORDENES S.D. -ap-


MARINO C.F. -
A.D. RAYO SADENSE -ap-



Posto

 

Conxunto

Puntos

Xogados

G

E

P

Goles

Golaveraxe

1 (2)
BETANZOS C.F. 45  18  15  111/34  77 
2
(1)
A.D. RAYO SADENSE 45  17  15  59/10  49 
3
(3)
AT. ARTEIXO 39  18  13  71/37  34 
4
(4)
ORDENES S.D. 38  17  12  93/29  64 
5
(6)
ONCE CABALLEROS C.F. 37  18  11  84/40  44 
6
(5)
BERGANTIÑOS B 37  17  11  59/29  30 
7
(7)
SPORTING CAMBRE 34  17  11  65/51  14 
8
(9)
OLIMPICO C.F. 25  18  61/49  12 
9
(8)
SAN TIRSO S.D. 24  17  52/32  20 
10
(10)
C.C.D. CERCEDA 23  17  57/52 
11
(11)
LARACHA F.C. 22  18  10  40/49  -9 
12
(12)
SPORTING MECIENDE 20  18  27/30  -3 
13
(13)
MARINO C.F. 16  17  38/59  -21 
14
(14)
C.D. DORNEDA 14  17  30/57  -27 
15
(15)
AT. PERILLO 12  18  12  37/97  -60 
16
(16)
S.D. BREXO LEMA 18  13  45/102  -57 
17
(17)
S.C.R.D. BURGO 17  14  22/98  -76 
18
(18)
S.C.D. PASTORIZA 17  17  11/107  -96 

 

18ª  XORNADA - Sábado 19/01/13

Laracha CF  -  SD Brexo Lema   4  -  4 

Agradecer a Suso Ures a información facilitada para facelos comentarios do partido.

Dou comenzo as 10 da mañán no campo de Laracha o primeiro partido da segunda volta da liga, nun día de temporal, no que a maior parte dos encontros foron suspendidos debido as inclemencias do tempo; moito vento e choiva que desluciron o encontro.

Un partido que se presumía fácil e no que os locais chegaron a estar 3-1, pero que finalmente o Brexo remontou, ata situarse nun 3-4, conseguendo empatar o Laracha para non ceder os tres puntos.

Maracaron por partida doble nos locais, Álvaro e Alex Alonso, éste, con un gran gol case sen ángulo.

 algúns dos momentos :

 



 

lunes, 14 de enero de 2013

17ª  XORNADA  -  Sábado 12/01/13

Laracha CF  -  AT. Perillo    5 - 2

Comenzou o ano co partido final da primeira volta, con bastante frío, e con poucos afecionados nas gradas.

As dez dou comenzo o encontro no campo de Laracha, saíndo inicialmente Alexandro, Sergio, Santi, Cote, Keko; Alex, Alberto, Manu; Koya, Ures e Álvaro; na reserva,os xustos pola ausencia de última hora, por enfermedade de Alberto R..

Comenzaron fríos os nosos, que no min. 7 víronse sorprendidos con un gol dos visitantes, ainda que a reacción non se deixou esperar, e no min. 10 un claro penalti foi transformado por Alex para empatalo encontro. Puxéronse as pilas, e catro min. despois case chega o 2-1, e no 15 unha boa oportunidade para Álvaro que repetiu catro minutos despois, pero o gol do 2-1 non chegou ata o 20, un trallazo dende fora da area de Ures. Continuaron dominando os locais, e no min 30 boa xogada de Alex que se merecía gol; tras ela un bo disparo de Alberto, e dez minutos despois unha gran vaselina de Koya non acabou dentro da portería de milagre. A continuación unha falta perigosa lanzada por Alex, tampouco quixo entrar, e no 40, golazo de Manu de vaselina, que firmaba o 3-1 e facía xustiza a uns bos minutos dos nosos.

Antes do final de primeira metade, tivo que retirarse Santi lesionado, sendo sustituido por Marco, o que levou a Alberto a retrasala sua posición o centro da defensa.

O comenzo da segunda parte, foi como o final da primeira, e nada mais empezar, un bo disparo de Manu foi detido polo porteiro do Perillo. No min 6, unha xogada tonta,un despexe de cabeza de Alberto, con man de Cote, levou a un penalti, que a piques estivo de parar Alexandro, pero que puxo o marcador nun 3-2 engañoso.

Cando pensábamos que os nosos se ían a vir a baixo como outras veces, no 12, boa xogada pola esquerda de Koya que finalizou no 4-2.

Posteriormente sucedéronse os cambios, Rubén por Alexandro, Juan por Álvaro e Brais por Koya.

No min 24" un tiro de Ures pasa preto do poste, e tres minutos minutos despois, Alex atópase co longueiro, e uns minutos despois, e Brais o que case canta o gol.

O 5-2 non chegou ata o min 33 obra de Manu, e os cinco mminutos de novo Brais tivo oportunidade de marcar, así como Juan no 42, e Keko no 43, pero o marcador non se ía mover a pesar das numerosas ocasións.

Suliñar a lesión do porterio contrario que se tivo que retirar quedando dez minutos, e que foi sustituido por un xogador de  campo, xa que era o segundo porteiro do equipo.

En resumo, un bo final da primeira volta, e un bo principio de ano para os nosos rapaces, ante un rival moi inferior, e que lles debe de valer para collela confianza necesaria de cara os próximos encontros.

algúns momentos :






 

 


sábado, 12 de enero de 2013

17ª  XORNADA  -  12/01/13  

Laracha FC  -  AT Perillo

Encontro que se celebrará as 10 no campo de Laracha; unha hora antes a concentración.

_____________________________________________________________