lunes, 14 de enero de 2013

17ª  XORNADA  -  Sábado 12/01/13

Laracha CF  -  AT. Perillo    5 - 2

Comenzou o ano co partido final da primeira volta, con bastante frío, e con poucos afecionados nas gradas.

As dez dou comenzo o encontro no campo de Laracha, saíndo inicialmente Alexandro, Sergio, Santi, Cote, Keko; Alex, Alberto, Manu; Koya, Ures e Álvaro; na reserva,os xustos pola ausencia de última hora, por enfermedade de Alberto R..

Comenzaron fríos os nosos, que no min. 7 víronse sorprendidos con un gol dos visitantes, ainda que a reacción non se deixou esperar, e no min. 10 un claro penalti foi transformado por Alex para empatalo encontro. Puxéronse as pilas, e catro min. despois case chega o 2-1, e no 15 unha boa oportunidade para Álvaro que repetiu catro minutos despois, pero o gol do 2-1 non chegou ata o 20, un trallazo dende fora da area de Ures. Continuaron dominando os locais, e no min 30 boa xogada de Alex que se merecía gol; tras ela un bo disparo de Alberto, e dez minutos despois unha gran vaselina de Koya non acabou dentro da portería de milagre. A continuación unha falta perigosa lanzada por Alex, tampouco quixo entrar, e no 40, golazo de Manu de vaselina, que firmaba o 3-1 e facía xustiza a uns bos minutos dos nosos.

Antes do final de primeira metade, tivo que retirarse Santi lesionado, sendo sustituido por Marco, o que levou a Alberto a retrasala sua posición o centro da defensa.

O comenzo da segunda parte, foi como o final da primeira, e nada mais empezar, un bo disparo de Manu foi detido polo porteiro do Perillo. No min 6, unha xogada tonta,un despexe de cabeza de Alberto, con man de Cote, levou a un penalti, que a piques estivo de parar Alexandro, pero que puxo o marcador nun 3-2 engañoso.

Cando pensábamos que os nosos se ían a vir a baixo como outras veces, no 12, boa xogada pola esquerda de Koya que finalizou no 4-2.

Posteriormente sucedéronse os cambios, Rubén por Alexandro, Juan por Álvaro e Brais por Koya.

No min 24" un tiro de Ures pasa preto do poste, e tres minutos minutos despois, Alex atópase co longueiro, e uns minutos despois, e Brais o que case canta o gol.

O 5-2 non chegou ata o min 33 obra de Manu, e os cinco mminutos de novo Brais tivo oportunidade de marcar, así como Juan no 42, e Keko no 43, pero o marcador non se ía mover a pesar das numerosas ocasións.

Suliñar a lesión do porterio contrario que se tivo que retirar quedando dez minutos, e que foi sustituido por un xogador de  campo, xa que era o segundo porteiro do equipo.

En resumo, un bo final da primeira volta, e un bo principio de ano para os nosos rapaces, ante un rival moi inferior, e que lles debe de valer para collela confianza necesaria de cara os próximos encontros.

algúns momentos :






 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario