Mañán soleada de calor propicia para o encontro e para a churrascada que había a continuación.
Comenzou o encontro cinco minutos antes do previsto; xogaron Rubén, Keko, Pablo Pallas, Alberto, Rodrigo (Juan min. 5"); Marco (Martín min. 22"), Manu, Julián (Eloy min 9"); Ures, Alex Alonso (Alexandro min. 35") e Estefan (Alex Vilariño min 28").
Sorprendeu o once inicial, con Alex Alonso de dianteiro centro, Ures escorado a esquerda, e o pequeno alevín (pequeno en talla, pero grande como xogador), Estefan, pola dereita, o que lle tou lidiar con un dos mais grandes do Once Caballeros.
Sairon os quintos na taboa dispostos a barrer os locais, e na primeria xogada, no min. 2´, unha ocasión despexada por Rubén, sirve para que no corner se adiantaran os visitantes, aproveitando un balón non despexado pola defensa, para rematar e convertilo 1-0.
Non se asustaron os de Laracha, que no min 5, na saída de un corner, poideron establecelo empate con un remate de Julián que detivo o meta do Once, e minutos despois de novo Julián voltou a telo empate, pero o seu remate saiu demasiado centrado.
No min 25´ gran galopada de Ures pola banda que lle serve para quedar so ante o porteiro, pero o seu remate forte e detido por este, non así no 27´, que un gran pase de Estefan volta a deixar a Ures no lateral para encaralo porteiro, pero en lugar de tirar como na anterior, colocou o balón con un sútil toque co exterior para levalo 1-1 o marcador; resultado que ata ese momento se asemellaba curto, xa que os dominadores do xogo e das ocasións foron os locais.
No 30´, gran xogada de Estefan que lanza un forte disparo que se pasea por diante da liña de gol sen que naide atinara a empurralo balón, e cinco despois de novo Julián puido levar a ventaxa o marcador.
A segunda metade comenzou como finalizou a primeira, co Laracha ben asentado no campo e con unha oportunidade de lanzamento de falta directa que non puido aproveitar Alex Alonso.
No min. 7", boa xogada de Ures que sirve unha gran asistencia a Julián pero que hoxe estaba visto que íase ter que marchar sen marcar.
No min 22" e 25", en duas contras, os visitantes, sen apenas perigo ata ese momento, estiveron a piques de dar un serio susto a Rubén, pero no 27", nun fallo de Alex Alonso de cara a portería, foi aproveitado por Eloy para desfacelo empate e establecer un 2-1 merecido pero resultado corto visto o visto .
Un minutos despois de novo o Once aproveitando unha contra, finalizou con un remate que se escapou cerca do longueiro da portería de Rubén, pero no min. 32" sorprendémonos con un gran gol de Alex Alonso que baixa o balón para enganchar un remate dende fora da área o que nada puido facer o meta do Once, levando o 3-1 o marcador que xa non se movería ata o final.
En resumo, gran resultado, corto polo que vimos no campo; gran partido, quizás dos mellores, a pesar das ausencias por lesión de Koya e Álvaro, véndose toque, pase, control e moito esforzo; e a xente moi animada, polo fútbol contemplado, e quizais apola churrascada que lles esperaba os rapaces e os pais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario