domingo, 12 de mayo de 2013

34ª  XORNADA - Sábado  11/05/13

At. Perillo  -  Laracha FC       1  -  0

Un bo madrugón e bastante frío para comenzala mañán en Perillo, nun campo de terra en regulares condicións e un balón bastante duro que non favorecían o xogo combinativo.

Saíron fríos como o tempo os nosos rapaces, que no min 4, a saída de un corner permitiron centrar dentro da área e rematar o contrario case dentro da portería, para colocalo 1-0 no marcador.

Xogaron Rubén (Buño min. 22" ), Keko, Alberto, Cote (Sergio min. 7"), Rodri (Nico min. 30"); Marco, Santi, Manu; Juan (17"), Ures e Álvaro.

Puido empatalo Laracha no min. 8´, nunha xogada de Juan que rematou dentro da área pero floxo, o que permitiu o porteiro atrapalo balón. Uns minutos despois, no 17´, gran oportunidade para Ures que disparou fora.

A partires de aquí, pouco mais nesta primeria parte na que os visitantes non foron capaces de afacerse o campo e o balón, contaxiándose do xogo de patada longa do At. Perillo, que mais afeito a este tipo de xogo, creaba algunha oportunidade, como no 32´, na que o dianteiro estando só na área, disparou por enriba da porteria defendida por Rubén.

No 39´, lanzamento lonxano de Santi por alto, que estivo a piques ver porteria. Xogada esta que de intentala mais veces, de seguro que se sacarían froitos, xa que o meta local  era  pequeno e adoecía de rechazalos balóns.

Na segunda metade, saiu o Laracha con mais empuxe, e no min. 9", unha boa xogada de Manu con pase a liña de gol, non puido ser rematada por Ures nin por Álvaro.

No 28" un tiro froxo de Manu, e 6 despois lanzamento de falta dende case o medio do campo de Alberto, que atallou o porterio con apuros.

No 39", remate de Alberto de cabeza a saida de un corner e pouco mais que suliñar ata o final do encontro.

En resumo, partido regular para despedila tempada e caras de descontento dos xogadores que levaban unha boa racha de victorias 

Algúns momentos do encontro :













No hay comentarios:

Publicar un comentario