domingo, 14 de octubre de 2012

4ª XORNADA - SABADO 13/10

* Laracha CF - SCRD Burgo  3 - 0

Encontro disputado no campo da Laracha, as 10 da mañán. Pouca xente se animou a acudir o campo por parte das dúas aficións, sería polas festas da Pilarica que houbo en distintos municipios.

De saída, o Laracha formou con Rubén; Alberto, Martín, Alex, Sergio; Manuel, Alberto, Kolla, Álvaro; Edu e Ures. Bo comenzo do encontro con varias ocasións dos locais que non permitiron que o Burgo se aproximase a área na primeira metade, entre elas, gol anuladol por suposto fora de xogo no min. 24, que provocou o enfado da afición local e a expulsión de Suso, o Delegado.

A insistencia dou o seus froitos, chegándose o descanso con un 2-0, goles de Alex Alonso no min. 34, e Alvaro no 40.

Na reanudación entraron tamén  Buño, Juan, Brais, Marco e Rodriguo.

Na segunda metade baixou a intensidade do encontro alternándose o dominio entre ámbolos conxuntos, pero só movería o marcador Ures, con un gol no min 17.

 Destacar a reaparción de Manuel, tras unha lesión, e o esforzo de todo o equipo en xeral que serveu para sacar adiante un partido contra un rival que tiña os mesmos puntos, é que nos levará a escalar posicións na taboa.

 

Ahí quedan algúns dos momentos :





 


No hay comentarios:

Publicar un comentario