Encontro xogado no campo de Meicende as 10 da mañán. Formaron inicialmente Rubén; Alberto R., Alex, Martín, Sergio; Alberto, Manuel, Kolla; Ures, Edu e Alvaro. Na segunda parte tamén xogaron Buño, Santi, Juan, Keco e Nico.
Partido frío como o tempo; os espectadores buscaron o sol nun dos lados do campo para atoparse co calorciño, algo que non foron capaces de encontrar os nosos xogadores, os que, o pequeno campo de Meicende atragantóuselles empezando con un dominio que non conseguía traspasar o medio do campo, nin burlar a muralla defensiva que impuxo o equipo local con catro xogadores que apenas sairon do seu campo.
O laracha tentou buscala velocidade polas bandas que lle da os seus froitos nos campos grandes, pecando de escasa movilidad e rapidez nos espazos cortos, facendo que os xogadores estuveran bastante apelotonados.
Na segunda mitade parecía que as cousas íban cambiar, co gol de Ures no min. 8, e así foi durante uns intres para volver a un xogo sin profundiad.
Cando dábamos por bo o resultado, e xa se contaba con levar os tres puntos para Laracha, e xa pasada a media hora de xogo, un pelotazo serviú para que o dianteiro dos locais se atopara con un fallo defensivo que aproveitou para empatar o encontro. Para rematar o infortunio,xa a xente estaba pensando en collela saída cando nunha xogada desafortunada o Meicende atópase con un penalti a favor que lle vale para levalo partido. Un regalo que dende logo agradeceron os locais festexando por toodo o alto a victoria.
Para outra, xa sabemos... hai que espabilarse dende o primeiro minuto ata o último, e de seguro que os mozos xa se decataron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario