Como ben dixo un dos pais, un raio pasou por Laracha e case non nos enteramos.
O encontro dou comenzo puntualmente as 10 da mañán, xogando inicialmente Rubén; Sergio, Alex, Martín, Alberto R; Alberto, Manuel, Edu; Koya, Juan e Ures. Na segunda parte entraron Alvaro, Marco, Cotelo e Brais .
Mal partido en liñas xerais do Laracha, sen apenas profundidad e nulas ocasións por parte local, non así o Rayo Sadense, que sorprendeu pola sua aposta ofensiva, xogando con so tres defensas.
Na segunda metade, xa feitos os cambios, pareceuse atisbar unha melloría no control do xogo e nas ocasións locais, tentando de recortar o 0-1 en contra, pero foi un espexismo, xa que voltouse a un xogo sen apenas posesión y baseado na escasez de control por parte do Laracha. Pese a elo, un penalti inexistente que protagonizou Ures doulle a oportunidade a Ales de empatalo encontro, pero o tiro de éste foise o pau. Case na xogada seguinte, un penalti , precedido de unha falta non siñalada, puxo o marcador no 0-2 definitivo.
Pouco mais que comentar, salvo o pouco xogo desplegado polos nosos xogadores, aburrido, insulso e sen profundidade, e os berros dalgún dos afeccionados contrarios que vían faltas en cada contacto entre os xogadores, olvidándose de que o fútbol é un deporte de moito contacto; ademáis o colexiado non tivo influencia no resultado para ningunha das partes.
O dito, Raio pasou por Laracha, e os nosos xogadores non se decataron; esperemos que nos próximos partidos, que son con rivais de consideración, se espabilen e volvan a xogar como saben e xa teñen feito nos primeiros encontros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario