28ª XORNADA - Sábado 06/04/13
Laracha FC - Marino Mera CF 1 - 0
Encontro que comenzou puntual no campo municipal de Laracha, nunha mañán fría, entre os locais e o Marino.
Sairon os locais con Rubén,Keko, Santi, Alberto, Sergio; Marco, Manu, Alex; Koya, Ures e Álvaro; sairon tamén no segundo tempo Alberto R, Rodrigo, Juan é Alexandro (que xogaou na dianteira); quedándose sen xogar o porteiro suplente Buño.
Saiu o Laracha moi asentado e no min 4, xogada entre Manu e Ures que remata Koya con perigo. Dez minutos despois, de novo Koya ten oportunidade de inauguralo marcador, pero detén o porteiro visitante.
Sucedéronse as oportunidades polo bo xogo local, e no 17´Alex remata por enriba do longueiro. No 20´ tivoa Manu, e un minuto despois Álvaro e Koya. Tentouno Alberto dende lonxe cun disparo no 23´, pero tampouco atinou ca porteria. No 26 e 29, de novo Koya estivo cerca do gol, e no 30 un susto do Mera nun remate de cabeza.
Antes do remate da primeira parte,no 37´, disparo de Ures e boa parada do porteiro visitante.
Nos primeiros minutos da segunda parte,continuo o acoso local, e un bo pase de Koya habilitou a Manu para que este fixera un bo remate. No 6" foi amonestado Santi e de seguido unha boa oportunidade para o Mera. No 10" lanzamento de Manu o poste, e a partires de ahí, baixón dos nosos que permitiu varias xogadas de perigo do Mera que ven poideron finalizar en gol.
No min 27, gran oportunidade para Ures que remata fora, e dous despois marca Alex, non subindo o marcador por fora de xogo.
Case cando se contaba con un empate, non merecido visto o primeiro tempo, e case nos minutos derradeiros, bo pase de Juan a Alex, para que este faga o 1-0 definitivo.
Logo, minutos de sufrimento para os locais, xa que o colexiado prolongou o encontro mais de tres minutos.
En resumo, tres puntos importantes,boa primeira parte,e baixón na segunda.
Algúns dos momentos :
No hay comentarios:
Publicar un comentario