31ª XORNADA - Sábado 27/04/13
SCD Pastoriza - Laracha FC 3 - 5
Moioto frío no campo de Oseiro, onde o encontro comenzou puntual, entre o derradeiro clasificado e os nosos rapaces.
Xogaron de inicio : Buño; Rodri, Cote , Alberto, Pablo Pallas; Marco, Eloy, Julián; Álvaro, Alex Alonso e Koya(Juan 29"), e tamén Rubén(1"),Keko(1"), Ures (14"), Martín (29"), Juan(29").
Saíu o Laracha,como o tempo,frío, e no min. 6´, nunha man de Cote na área, siñalouse como penalti, e chegou o 1-0.
Polo empuxe e as gañas que demostraban, os locais non parecían os pechacancelas da clasifiación, pero no min.12´, un corner rematado por Alex Alonso puxo o empate no marcador, e no 23, nunha falta perfectamente lanzada,voltou a repetir para colocalo Laracha con un 1-2 .
No min 28´, clara oportunidade do Pastoriza, no que o balón paséase por diante da meta de Buño, sen que atopara rematador. Tres minutos despois, arrancada de Alex Alonxo cara a portería,que é interrumpida en falta pola defensa,pero o de Laracha revólvese sendo amonestado e pitando o colexiado falta en contra.
No 34´, pase medido a área para o pequeno dos locais, o num. 10,que controla e bate a Buño refrendando a calidade que se lle estaba a ver durante os minutos transcorridos. E tres minutos despois, os locais marcan 0 3-2, que visto o visto ata o momento, era o mais normal. Xusto antes,oportunidade nunha boa xogada de Koya que saca a defensa baixo paus.
Deste xeito rematou a primeira metade; na segunda,os cambios e o vento a favor, fixeron que os visitantes tiveran mais oportunidades, contando coa colaboración do árbitro, que non siñalou un claro penalti por derribo de Cote a un dos dianteiros locais.
De novo a balón parado e de novo Alex Alonso de falta, puxo o empate 3-3,no min. 20", e ainda que Alberto estivo a piques de marcar no 27", xa case se pensaba que o encontro acabaría así, cando unha boa xogada de Ures por banda foi rematada por Juan para desfacelo empate e poñelo 3-4; é quedando 3 para o final, Álvaro puxo o definitivo 3-5
Algúns dos momentos :
No hay comentarios:
Publicar un comentario