30ª XORNADA - Sábado 13/04/13
Laracha FC - Bergantiños B 1 - 1
Boa mañán para ver un encontro de rivalidade, e na que o entrenador Jorge Rebolo apostou por dar entrada no equipo os dous alevíns Pablo e Julián, para aumentala motivación do conxunto.
Sairon de inicio Rubén, Alberto R ( Sergio min 19"), Pablo, Alberto, Rodrigo; Marco (Cote min 32"), Julián (Nico Vilariño min 37"), Manu ; Koya (Juan min 25"), Ures e Alvaro.
Nos dous primeiros minutos, oportunidades para Alvaro e Koya, e na primeira oportunidade do Bergan, un balón con bote, mal medido por Rubén, significa o primeiro gol para os visitantes. Nos seguintes minutos, xogo de control por parte dos dous equipos, con moito respeto, e de novo un erro, neste caso no porteiro do Bergantiños, propiciou para que o debutante Julián, no min. 20 empatara o encontro.
Rubén no min 25 compensóu o seu erro no gol, con unha gran parada no 25´, o evitar un gol de falta.
Noutra falta, no 39, a favor do Laracha, é Alberto o que lanza a carón do poste.
Sen mais oportunidades fómonos o descanso, e na reanudación, un despiste defensivo nos visitantes, no min 7", habilitou a Ures, que en vez de encarala portería, optou por un lanzamento froxo que non tivo problemas para o meta visitante.
Nesta segunda parte, ámbolos conxuntos baixaron o seu rendemento e poucas ocasións se viron, agás un remate de Julián e unha falta lanzada por Koya no 35". Por parte visitante, unha clara oportunidade no 35" e un contrataque no 37" que non finalizou en gol por unha gran parada de Rubén.
Case acabando o encontro, clara ocasión para Manu, que non puido materializar para que os tres puntos se quedasen na casa.
Algúns momentos do encontro :
No hay comentarios:
Publicar un comentario