COMENTARIOS

domingo, 2 de diciembre de 2012

12ª  XORNADA - SÁBADO 01/12

Encontro  celebrado en Laracha, no campo municipal, as 10 da mañán, nun día que comenzoú despexado e sen auga, a pesar das trombas caidas na noite.
Saíron de inicio Buño; Alberto R, Alex Alonso, Martín, Keco; Marco, Alberto, Manu; Koya, Ures e Álvaro.
O mes non poido comenzar mellor para os nosos, que de inicio, ainda que practicando un fútbol non vistoso, saíron con alegría e enchufados o partido, e no min. 18, unha boa xogada de Koya (xa na sua banda esquerda) facilitou un pase perfecto para que Ures inaugurara o marcador. Este puidose incrementar no 22, cando Álvaro só ante o porteiro, non tivo a fortua de metelo nas redes, e o seu disparo foi atallado polo garamallas contrario. No 24 volveu a rondarse o 2-0 pero o poste  non o permitiu, e no 44 un bo remate de Alberto poido incrementar o marcador. Demasiadas oportunidades e poucos goles de renda para o segundo tempo, ainda que o Olímpico ata entón apenas creara perigo.
O inicio da segunda metade, no min. 2, o Olímpico metéunos o medo no corpo o chegar con claro perigo a área defendida por Rubén (que saira sustituindo a Buño). Uns minutos despois, no 10´´ , Álvaro tivo outra clara ocasión, pero estaba visto que hoxe non estaba para él, e a incertidume no marcador case non nos deixaba respirar; as afecións animaban os equipos, e o medo non nos abandoaba, por que hoxe era un día dos de sufrir, e , a pesar de que o contrario non creaba oportunidades, calquera fallo podía servir para malogralo traballo feito. 
O de sufrir estaba claro, por que no min 17 unha oportunidade de Ures pero o balón quedouse nun dos charcos formados pola abundante choiva caida dende o final do primeiro tempo, e ningún dos xogadores foi quen de empurralo balón ata dentro; e no min. 22´´ novo tiro o pau de Brais.
Así se quedou, a pesar dun último susto que nos dou o Olímpico, e agradeceuse os xogadores o esforzo que fixeron durante todo encontro, a pesares da choiva e do frío.
Xogaron tamén Brais (por Manu), Edu (por Álvaro), Sergio (por Keco) e Juan (por Koya)

Despois, algúns celebraron a ledicia no Noso.
  
Algúns momentos do encontro  :





Algúns celebrando o bo resultado :


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario