14ª XORNADA - SABADO 08/12
Laracha FC - SCD Pastoriza 2 - 1
As dez dou comenzo no campo de Laracha o encontro entre os locais e o último clasificado. Pouca xente a pesar de que o día prestábase, ainda que a primeira hora, os cinco grados facíanse notar.
Algún pensábamos que este encontro serviríanos como bálsamo dos últimos resultados, pero ben enganados que estábamos; os nosos rapaces sufriron o indecible para sacar o encontro adiante, e non é que o rival fixera un gran partido, que se fósemos os puntos como no boxeo, unhas tablas serían o axeitado. Como dixen; vendo o partido non poderíamos decir cal era o equipo que está mellor e peor clasificado, a diferencia, a calidade dos locais facíase notar sobre os xogadores do Pastoriza, o xogo dende logo, non.
Sairon inicialmente Alexandro, Santi, Cotelo, Alex Alonso, Sergio; Marco, Manu, Alex Vilariño; Edu, Ures e Juan.
Na primeria metade, varias oportunidades, unha moi clara de Ures a pase de Juan, foron o único destacable nun partido soso,e no que quizais se notou demasiado a falta de Alberto no medio do campo.
Na segunda metade, de saida, Rubén sustituiu a Alexandro na portería, e Koya a Alex Vilariño, pero as cousas non melloraron, e no min 10" encaixouse o gol do Pastoriza. Uns minutos despois, no 16", Manu empataba o partido, pero non foi ata min 35" cando Santi puxo o marcador favorable, e que xa non se movería, a pesar dalgunha xogada de perigo por parte local, e unha clara por parte contraria.
Xogaron tamén Alberto (por Edu), Keco (por Juan) e Rodrigo (por Marco).
O final, tres puntiños que esperemos nos sirvan para subir uns postos, e que deberían de dar confianza para os próximos encontros de cara o final da primeira volta.
Algúns momentos :
Algúns momentos :
No hay comentarios:
Publicar un comentario