COMENTARIOS

lunes, 24 de diciembre de 2012

16ª  XORNADA  - DOMINGO 23/12

Once Caballeros CF  -  Laracha FC    4  -  1

Encontro disputado na Barcala as 10 da mañán do domingo, nun día bastante frío e con pouca xente de inicio.
De saida, o Laracha formou con Buño, Sergio, Alex, Martín, Alberto R; Marco, Alberto, Manu; Koya, Ures e Álvaro; e sucedeu no encontro de Cerceda, nada mais comenzar o partido unha falta de entendemento entre Buño e Martín propiciou o primiero gol do equipo local, no min. 4, e a partir de ahí, o Once Caballeros fixose co encontro sen que os nosos  tiveran ocasións nin axeitaran a achegarse a area local con perigo.
No min 15 chegou o 2-0 nun rexeite que aproveitaron os dianteiros locais e no 32´ o 3-0, sen que ata eses intres o Laracha trenzara algunha xogada que incomodara os locais; pero a pesar de varias oportunidades locais, o marcador xa non se movería neste período.
No  segundo tempo, Rebolo buscou mais profundidade e control , sustituiu a Marco por Brais, buscando control arriba, dou entrada a Cotelo por Martín, e pasou a Alberto o centro da defensa para adiantar a Alex o medio, tratando de dar mais mordiente o medio do campo e mais control en defensa.
No min. 14" , Juan sustitui a Koya que  saiu sangrando pola nariz, e posteriormente Nico Vilariño por Álvaro.
Os cambios e a nova táctica asentaron o equipo e chegaron as oportunidades, sen embargo no min 29" volveu a marcar o Once Caballeros, pero tres minutos despois Alex Alonso acortou distancias e puxo o 4-1 definitivo.
En resumo, un resultado que entraba dentro do previsible, con unha primeira parte na que os nosos víronse claramente superados polos locais, e nunha segunda parte na que o cambio de esquema pareceu dar mais seguridade e chegada o Laracha que soubo poñer en seros apretos os locais.

Algúns momentos do encontro :









No hay comentarios:

Publicar un comentario