Moito frío esta mañán no campo do Rayo, e a brisa que sopraba aínda daba mais sensación de frío.
Comenzóu o encontro puntual; xogaron Buño, Sergio, Santi(Alexandro min 23"), Martín, Alberto R; Marcos, Manu(Alberto min 5"), Alex; Koya(Brais min 18"),Ures e Alvaro (Juan min 30").
Bo comenzo do Laracha, que de inicio controlou o partido impedindo que o lider creara ocasións de perigo, con unha boa presión no centro do campo, e a defensa ben asentada e rápida tapando todolos ocos os rápidos dianteiros locais.
Sen embargo, no min 20, unha rápida xogada, e un tiro dende fora da área converteuse no primeiro gol, a pesares, o meu entender, que un dos dianteiros do Rayo estaba en fora de xogo e fixo intención de xogala pelota.
Case sen poder espertarse deste xerro da auga fría, na xogada seguinte, volveron a marcar os locais establecendo un 2-0 enganoso ata ese momento.
Non se botaron atrás os nosos,e no 27´, unha boa xogada por banda esquerda de Alex que por velocidade se levou o lateral, acabaou en falta e amonestación o defensa local. O mesmo Alex fixo un gran lanzamento de falta e o balón acaboú dentro da rede local, un 2-1 que aproximaba o marcador o acontecido ata aqueles momentos.
Uns minutos despois, unha entrada de Álvaro foi sancionada con tarxeta marela, cando en realidade non era para tanto, pero sería a lei da compensación.
No min 30´ o xogador local "Armada", lanzou unha falta con moito perigo que foi atallada con certos apuros por Buño; e no min 41´ , nova falta favorable o Laracha que, executada por Alex, non tivo problemas para a defensa local. Así finalizou unha boa primeira parte, na que os nosos controlaron bastante ben o encontro, e en dúas rápidas xogadas víronse sorprendidos polos locais.
Na segunda metade, xa con Alberto no campo ganóuse en creación, pero quizais o cansancio empezou a facer mella nos visitantes, que non poideron controlar de forma tan axeitada a rapidez e calidade dos xogadores de Sada, sobre todo neste caso, de Armada e do seu número 8.
No min. 9", chegou o 3-1, e continuaron as xogadas de perigo por parte do Rayo, que puido incremetala diferencia no 28", pero Buño estivo atento; igual que no 35", que con duas paradas seguidas levantou os aplausos dos asistentes. Pero como non hai duas sen tres, no 38", repetiu a mesma proeza, duas paradas seguidas, e novos rechaces, pero non puido impedir o terceiro remate, e o 4-1 subiu o marcador.
Todavía nos quedaba por ver un novo gol local, no último minuto, o número 8 local, un xogador de gran calidade, marchouse dende o medio do campo e cando Buño facía intención de saír, este dende fora da area picou o balón por enriba para establecelo definitivo 5-1.
En resumo, gran encontro dos nosos na primiera metade na que aguantaron o actuai lide da categoría, pero na segunda, a pesar de ter mais chegada, o fondo físico baixou, é o final impúxose a lóxica. Nada que obxetar o traballo do Laracha ante o mellor equipo da categoría; dende logo, este sería o camiño a seguir nos vindeiros encontros....
ANIMO... QUE VISTO O DE HOXE, PÓDESE.
Algúns intres do encontro :
Despois do encontro... unha pequena xuntanza cos rapaces....
As 10 da mañán comenzou o e contro nun día apacible e soleado. Sairon de inicio Rubén, Sergio, Martín, Alberto, Alberto R; Marco, Alex, Manu; Koya, Ures e Juan.
Bo comenzo dos locais, que no min. 7 a piques estiveron de marcar,nunha xogada de Alex e Koya, que finalizou con pase a Ures que disparou con moito perigo. Tres minutos despois, escapóuse Ures pola banda dereita e o seu centr foi remtado floxo por Juan. No min. 16, unha falta sobre Juan foi desaprobeitada por Alberto que disparou lonxe da portería; tres minutos despois un bo pase de Juan a Manu, finalizou con un disparo de éste preto do posto, e dous minutos despois, nova oportunidade de Ures a pase de Juan.
Tantas oportunidades, e no min 23 unha rápida xogada dos visitantes puido acabar en gol se o árbitro siñala un posible penalti na área local.
Continuaron as oportunidades, no min 27 unha vaselina de Koya foise fora por pouco,e no 29 unha man lanzada por Alex case acaba dentro da portería. Pero o gol non chegou ata o 31, nunha falta executada por Alberto, que Manu resolve na área pequena para firmalo 1-0.
No min 36 un despiste defensivo case costa o gol do empate, pero novamente no 39, e 40 duas novas oportunidades de Alex puideron dar mais ventaxa os nosos rapaces.
Na reanudación saíu Cote por Martín, e no min. 2,unha perda de balón no centro do campo, unha rápida contra do Meicende, e o seu 9, rápido e espelido, con unha vaselina puxo as tablas no marcador.
No min 10" unha falta lazada por Koya foise o poste, é Ures tentando remachar, lesionóuse momentáneamente Ures. No !4" Álvaro sustitui a Juan, e saiu como sempre con moitas ganas.
No 17" unha rápida contra do Meicende, acabou nos pes do seu goleador que se foi de Cote e éste no forcexeo derribouno lesionándose por uns minutos o xogador visitante. A xogada non sería de extrañar que poidese acabar en penalti, que o árbitro non siñalou.
No 23" entrou Edu por Koya; xa facía meses que non se vía no campo a este xogador, e quizás botóuse en falta en moitos partidos a sua templanza e claridade para xogalo balón.
A partires de aquí, o partido cambió completamente, xa dende o inicio da segunda parte os nosos foron baixando, pero nestes minutos o encontro comenzou a asemellar o da primeira volta en Meicende, e peor puido acabar se o árbitro siñala un penalti e expulsión no min 28, por un empurrón de Alberto a un xogador contrario sen estar o balón en disputa; fea a resposta de Alberto a patada que previamente o contrario lle dera o porteiro local . O final, cartón marelo para Alberto que foi sustituido por Alesandro, que saiu na dianteira, baixando Marco a cubrilo posto de Alberto, Deste xeito, se tábamos vendo que o partido se escapaba, mais o comprobar que aumentaban os dianteiros, a media non andaba demasiado fina, e a defensa non era a axeitada, non foi de estrañar que nos seguentes dez minutos se sucedesen catro oportunidades visitantes.
Xa fora do tempo,no 45", Alex viu tarxeta marela, e na continuación Manu enviou un balón a escuadra que o porteiro sacou de forma increible, e do posible 2-1, no contrataque seguinte, os visitantes, como na ida, maracaron xa no min 46 0 gol da vitoria que celebraron, tanto xogadores como afecionados, como se da victoria na liga se tratara.
Por certo...se o outro día no me pareceu correcto o de Martín, hoxe o mesmo con Alex Vilariño; sego sen comprendelo de levalos rapaces ...que quenten ...e logo non saian... non creo que nos estemos xogando o ascenso.... nin o descenso.
Saiu moi noxado Rubén, que se encarou cos contrarios e que tivo que ser agarrado polos compañeiros para que a cousa non fose a maiores.
O final, tres puntiños que se escaparon, e unha segunda parte case para olvidar, pero sí para recordar que dende o primeiro xogador ata o último, non se pode vivir de rendas, e que non se pode dar un balón por perdido e que hai que esforzarse durante todo o encontro,e que calquera que non se vexa pola labor, debería de deixalo seu posto a outros compañeiros que si están por "sudala camiseta".
O IMPORTANTE NON E GAÑAR OU PERDER....PERO SI ESFORZARSE...