COMENTARIOS

sábado, 23 de febrero de 2013

23ª  XORNADA - Sábado 23/02/13

  AD Rayo Sadense  -  Laracha FC      5  -  1 

 

Moito frío esta mañán no campo do Rayo, e a brisa que sopraba aínda daba mais sensación de frío.

Comenzóu o encontro puntual; xogaron Buño, Sergio, Santi(Alexandro min 23"), Martín, Alberto R; Marcos, Manu(Alberto min 5"), Alex; Koya(Brais min 18"),Ures e Alvaro (Juan min 30").

Bo comenzo do Laracha, que de inicio controlou o partido impedindo que o lider creara ocasións de perigo, con unha boa presión no centro do campo, e a defensa ben asentada e rápida tapando todolos ocos os rápidos dianteiros locais.

Sen embargo, no min 20, unha rápida xogada, e un tiro dende fora da área converteuse no primeiro gol, a pesares, o meu entender, que un dos dianteiros do Rayo estaba en fora de xogo e fixo intención de xogala pelota.

Case sen poder espertarse deste xerro da auga fría, na xogada seguinte, volveron a marcar os locais establecendo un 2-0 enganoso ata ese momento. 

Non se botaron atrás os nosos,e no 27´, unha boa xogada por banda esquerda de Alex que por velocidade se levou o lateral, acabaou en falta e amonestación o defensa local. O mesmo Alex fixo un gran lanzamento de falta e o balón acaboú dentro da rede local,  un 2-1 que aproximaba o marcador o acontecido ata aqueles momentos.

Uns minutos despois, unha entrada de Álvaro foi sancionada con tarxeta marela, cando en realidade non era para tanto, pero sería a lei da compensación.

No min 30´ o xogador local "Armada", lanzou unha falta con moito perigo que foi atallada con certos apuros por Buño; e no min 41´ , nova falta favorable o Laracha que, executada por Alex, non tivo problemas para a defensa local. Así finalizou unha boa primeira parte, na que os nosos controlaron bastante ben o encontro, e en dúas rápidas xogadas víronse sorprendidos polos locais.

Na segunda metade, xa con Alberto no campo ganóuse en creación, pero quizais o cansancio empezou a facer mella nos visitantes, que non poideron controlar de forma tan axeitada a rapidez e calidade dos xogadores de Sada, sobre todo neste caso, de Armada e do seu número 8.

No min. 9", chegou o 3-1, e continuaron as xogadas de perigo por parte do Rayo, que puido incremetala diferencia no 28", pero Buño estivo atento; igual que no 35", que con duas paradas seguidas levantou os aplausos dos asistentes. Pero como non hai duas sen tres, no 38", repetiu a mesma proeza, duas paradas seguidas, e novos rechaces, pero non puido impedir o terceiro remate, e o 4-1 subiu o marcador.

Todavía nos quedaba por ver un novo gol local, no último minuto, o número 8 local, un xogador de gran calidade, marchouse dende o medio do campo e cando Buño facía intención de saír, este dende fora da area picou o balón por enriba para establecelo definitivo 5-1.

En resumo, gran encontro dos nosos na primiera metade na que aguantaron o actuai lide da categoría, pero na segunda, a pesar de ter mais chegada, o fondo físico baixou, é o final impúxose a lóxica. Nada que obxetar o traballo do Laracha ante o mellor equipo da categoría; dende logo, este sería o camiño a seguir nos vindeiros encontros....

ANIMO... QUE VISTO O DE HOXE, PÓDESE.

 Algúns intres do encontro :








 


 

 Despois do encontro... unha pequena xuntanza cos rapaces....

 








    


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario