COMENTARIOS

domingo, 10 de febrero de 2013

21ª  XORNADA - Sábado 09/02/13

SCRD Burgo - Laracha FC      1  -   3

Encontro que dou comenzo as 10 da mañán no campo do Burgo.

Sairon de inicio Alexandro, Sergio, Cote, Alberto, Alberto R; Marco, Manu, Alex Alonso, Koya, Ures e Juan; o parecer estaba previsto que formara como porterio Rubén, pero unhas molestias na man, fixeron que xogara todo o encontro Alexandro. 

Saltaron o campo ben colocados e con moitas ganas o rapaces do Laracha, que controlaron o inicio do partido e no min 14´ unha boa oportunidade de Ures, foi detida polo porteiro local, quizais  o mellor xogador do encontro. Un minuto despois, un gol local foi anulado por fora de xogo, a pesar das protestas dos espectadores. 

A partires de aquí, o partido entrou nunha fase aburrida, sen control de xogo e sen pases acertados, ate o min. 34, que os nosos despertaron con unha doble ruleta de Alberto R., que sacou os aplausos da grada,unha doble oportunidade de gol e un gran taconazo de Manu que atallou o porteiro con moitas dificultades. No min 38´ Ures estivo a piques de marcar, e o seu fallo foi aproveitado por Manu para marcar, pero o gol foi anulado por fora de xogo; uns minutos despois, no 40´ gran disparo de Koya, e non menos boa a intervención do meta do Burgo.

Os tres minutos de reiniciarse o partido,un gran pase en profundidad de Alberto, habilitou a Ures, que esta vez si que fixo subir o 0-1 o marcador.O dominio continuo por parte do Laracha, e no min 15", novo gol de Ures, anulado por fora de xogo.

Tantas oportunidades desaproveitadas, levounos a que nun contrataque, o Burgo si aproveitase, e empatase o encontro 1-1, cos correspondentes nervos no noso equipo, que vían como de ter que ir ganando por diferencia, pasaron a verse igualados, e case superados, xa que no min 23", unha falta foise o longueiro.

Por sorte,no 29", Ures puxo o 1-2, e as ocasión segueron a sucederse, unha falta lanzada por Alberto que case acabou en gol, e unha vaselina de Alex Alonso que saiu preto do pau, pero non a derradeira, de novo Alex Alonso, que puxo o 1-3 definitivo xa no tempo engadido, no 43".

Xogaron tamen Santi por Juan, Brais por Manu, e Rodri por Koya;  quedáronse no banco, Rubén por lesión, e Martín, por decisión técnica, e o meu ver, algo incomprensible que non todos poidan disfrutar da victoria.

En resumo, un bo encontro ante  o penúltimo clasificado, pero que visto o acontecido contra o Pastoriza, xa case nos daba medo:


O resultado serve para que volvamos a subir uns postos na clasificación.


 

1 comentario:

  1. a miña opinión persoal como afeccionado ao fútbol ( e próximamente a este club nas facetas externas , e decir buscar xovens talentos ) é que sería de máis interese e de maior entendemento , que ao final dos resumos de cada xornada ,poña a nota que lle adxudica vostede a cada xogador do laracha .Sería de moita e gran axuda para todos , sega adante con este espacio persoal porque o vexo moi interesante.

    -
    -
    -
    posdata:
    Amplie máis a información individual , sería moi importante para os obxeadores galegos que precisamos de novos talentos para o futuro. Se non é de moito pedir , podría ofrecernos aos lectores una tabla cos máximos goleadores do laracha? .Por último PÚBLIQUE MÁIS AMÍUDO E FALE DE ALGÚNS ASPECTOS NON TAN TRAXENDENTAIS NA FACETA XERAL , E DICIR ; XOGADAS , CONTRAGOLPES , REGATES ... Grazas a vostede descubrín este espazo que conten información do laracha que non puiden encontrar en outros lugares , de verdade agradezollo moito xa que oín falar moi ben de algúns xogadres

    ResponderEliminar