20ª XORNADA - Sábado 02/02/13
Laracha FC - CD Dorneda 2 - 2
Unha mañán moi fría, que comenzou con unha boa granizada, foi o aviso de como ía ser e encontro que dou comenzo as dez entre os locais e o CD Dorneda.
Saltaron de inicio Alexandro, Sergio, Cote, Alberto, Alberto R; Marco, Manu, Alex Alonso, Koya, Ures e Álvaro, o que ven sendo o once de inicio nos últimos encontros, ca salvedade de Keko, que se atopaba lesionado e que acompañou os compañeiros.
Nos primeiros quince minutos xogo combinativo dos nosos tocando o balón e cambiando este de zona, con bos pases e desmarquesm, que levaron o 1-0, marcado por Ures, nunha xogada rechazada e que éste aproveitou para adiantar o seus no marcador. A partires de ahí, o bo xogo diluiuse,e os locais contaxiaronse do xogo simple dos contrarios, a base de regates e patadóns da pelota en busca da velocidade dos dianteiros; suliñar unha boa xogada de Koya no min 30, que centrou para que Manu disparase e estivese a piques de marcar. No min 40, bo disparo do dianteiro centro do Dorneda e non menos boa a parada de Alexandro para evitar o empate; nada puido facer na prolongación, e un minuto despois un gran disparo alto acabou dentro da portería e co marcador nun empate, que non se movería nesta premeira metade, a pesar da oportunidade de Álvaro no min 46´; despois, descanso e recapacitar para a segunda parte.
A segunda parte comenzou moi viva, con unha gran xogada de Koya que cedeu para Ures, pero que non acabaou en gol, e dous minutos despois foi o Dorneda que se poido adiantar no marcador. Despois o encontro converteuse nun correcalles, un partido de colexio, no que os nosos non souperon levar o control do balón, pero pese a elo, nunha xogada embarullada , no min 25", Álvaro nun rechace puxo o 2-1.
Visto como estaba todo, xa case nos temíamos o peor, e así no min. 38", chegou o gol do empate dos visitantes, 2-2, resultado que sería definitivo, eso que no min 41", Alex Vilariño tivo a victoria nun balón que non puido rematar e no que case se cantaba o gol da victoria.
Xogaron tamén Juan, que saíu por Alberto R. no min 20" para cubrilo lateral, Martín por Cote no 32", Rodri x Ures no 36" é Alex Vilariño oir Koya no 37".
Pouco que comentar, so decir que a xente saimos un pouco con mal sabor de boca despois do encontro pasado ante o Ordes, parece que nos contaxiamos do contrario, cando éste é bo, xogamos ben, cado o contrario e regular, o noso encontro non pasa de aceptable, ainda que poida ser un pouco crítico, e quizais pensando como algún que outro pai mais, non estaría mal ver un pouco mais de toque e pase entre os nosos rapaces, e non só xogo de patadón, creo recordar que os rapaces tán para aprender unhas peqenas bases, e darlle un PATADON a pelota, pouco aprendizaxe necesita.
Algúns momentos do encontro :
No hay comentarios:
Publicar un comentario