COMENTARIOS

viernes, 1 de febrero de 2013

19ª  XORNADA - Sábado 26/01/13

Ordes S.D.  -  Laracha FC     4 - 2

Encontro celebrado no campo de Ordes, nun día moi frío, húmedo e cerrado de néboa. 

Como sempre, unha horiña antes para o entrenamento e para quencer con algo quente na cafetería, xa que o día prestábase a elo.

O partido comenzou con un pouco de retraso. Sairon os nosos con Rubén, Alberto R, Alberto, Cote, Keko; Manu, Marco, Alex Alonso; Koya, Ures e Álvaro.

Pronto observamos que este iba a ser distinto o que estábamos acostumados a ver, o Laracha saiu concentrado e moi combativo,non permitindo que o Ordes levara o peso do encontro nin creara oportunidades de perigo, o contrario, no primeiro tempo, quizais as oportunidades mais claras foron para os visitantes, que poidemos ir o descanso por diante-

O pouco de comenzar o segundo tempo, non se levaban tres minutos de xogo, cando se encaixou o 1-0, falta de concentración e pensamos que un dos mellores equipos da liga iba a ter un camiño de rosas, pero sorprendeunos a reacción dos rapaces de Laracha, que se asentaron no campo, e con un bo xogo de contención, concentración e velocidade incomodaron o Ordes e no min. 11"  unha boa xogada de Manu dentro da área, levou o empate o marcador, pero o encontro segueu na misma onda, un Laracha ben plantado, e un Ordes que non podía ca intensidade e a concentración dos visitantes. Tanto foi asi, que cinco minutos despois un penalti transformado por Alex Alonso, puxo o 1-2 e levou os nervos os locais que non eran capaces de realizalo xogo habitual neles.

Pouco a pouco, o fondo físico dos nosos baixou, o que permitiu mais intensidade nos locais, e mais oportunidades de gol, que non se viron aproveitadas ata o min 37" que aproveitaron un despiste nun saque de banda para selar o empate a 2, cando por xogo, casi tíñamos a esperanza de levalos 3 puntos de Ordes. Uns minutos despois, no 43", novo despiste defensivo de todo o equipo, que se adiantou o medio do campo no saque de porta contrario, e foi aproveitado pola velocidade da dianteira local para facelo 3-2; detrás, xa pasados cinco minutos do tempo, nunha boa e rápida combinación, chegou o definitivo 4-2; demasiado abultado e enganoso o resultado.

Xogaron tamén, Sergio por Keco (min 23"), Juan por Koya(min 32"), Rodri por Álvaro (min 37") e Martín por Marco (min. 39).  Quedouse incompresiblemente  no banco Alexandro, pero pensamos que lle tocará disfrutar no próximo encontro en Laracha.

En resumo, gran partido do Laracha, que foi merecedor da victoria, e que por fallos puntiais deixou os tres puntos en Ordes, pero que debe de valer para que nos vindeiros partidos ségase nesta senda e poidamos disfrutar de partidos como o de hoxe.

Felicidades rapaces.... gran partido de todo o equipo... !!!! 

Algúns momentos:









No hay comentarios:

Publicar un comentario