10º XORNADA - SÁBADO 17/11
Laracha CF - Betanzos CF 2 - 5
Agradecer a Eva e Suso, os pais de Alexandro e Ures tódolos datos que me pasaron para poder publicar esto, xa que senón sería imposible.
Encontro celebrado no campo de Laracha as 10 , nun día desapacible, e co campo en bastante malas condicións debido o encharcado que se atopaba; pero pese a elo, con bastante afluencia de afecionados, tanto locais como visitantes.
Formaron de saida, Rubén; Martín, Alex Alonso, Iván Cotelo, Sergio; Marco, Alberto, Brais; Koya, Ures e Álvaro, e nos primeiros cinco minutos pareceu que os nosos iban a poñer en apretos o equípo mais goleador do grupo, pero pronto o Betanzos se fixo co medio do campo e comenzaron as oportunidades visitantes, que fixo que a primeira parte finalizase con un 1-4, o gol do Laracha marcado por Koya no min 30, grazas a un forte disparo que se lle escapou o porteiro y que facía o 1-3 que daba esperanzas o Laracha.
Na reanudación saíron Alexandro (por Rubén), Edu (por Álvaro), Alberto (por Koya), Manuel (por Iván Cotelo) e Keco (por Martín). Estes cambios unidos os que fixo o Betanzos, serviron para que os locais tiveran mais oportunidades de gol, e que unha delas a materializara Manuel; pese a elo o resultado final foi de 2-5, resultado case que previsible visto a capacidade goleadora que ten o conxunto de Betanzos. Os nosos teñen que poñerse as pilas cos rivais que lle esperan próximamente .
Algúns dos momentos do encontro :
No hay comentarios:
Publicar un comentario