COMENTARIOS

jueves, 1 de noviembre de 2012

7ª  XORNADA - XOVES 01/11

At. Arteixo  -  Laracha CF    5 - 2

Encontro disputado en Arteixo as 12:00, nun día frío e desapacible.
O  Laracha formou de inicio con Rubén; Alberto R, Martín, Iván Cotelo, Sergio; Alberto, Manuel, Santi; Koya, Brais e Álvaro.
Mal arranque dos nosos, que no minuto 2 encaixaron o primeiro gol, froito dunha boa xogada do conxunto de Arteixo, e rematada con moita calidade polo seu número 10. Poucos minutos despois un gol en propia meta fundiu as poucas esperanzas do Laracha, que o longo desta primeira mitade  desenrolou un xogo pésimo, sen profundidade e sen intensidade, o que fixo que encaixara tres goles mais, para chegar o descanso con un 5-0 que daba a impresión de acabar en malleira.
No min. 26 saiu Juan por Kolla, lesionado, que se une a baixa de Alex Alonso, e que quizais non poida xogar o sábado na casa.
Na segunda mitade sairon Buño, Marco, Keco e Edu e de pasar a contar con ver outra páxara dos nosos e o bo xogo e colocación do Arteixo, o que vimos foi outro encontro distinto, con mais ambición por parte dos xogadores que serveu para dar mais profundidade e mais ambición, que os levou a acortar distancias con dos goles de Alberto e Manuel .
O final do encontro unha tromba de auga non permitiu que a ilusión continuara, e o marcador siñalou un 5-2, que visto o visto, na primeria parte firmábamos, e na segunda soupo a pouco.

O sabado encontro na casa co Santirso; esperemos que vexamos os xogadores como na segunda parte de hoxe,con ilusión, vontade e xogo.

Ahí quedan algúns dos momentos :






 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario