COMENTARIOS

domingo, 11 de noviembre de 2012

9ª XORNADA  -  DOMINGO 11/11

Sporting Cambre  -  Laracha CF   5 - 2

Encontro disputado no campo Dani Mallo de Cambre, as 10 da mañán dun día que se esperaba pasado por auga e que o final aguantou todo o encontro, con incluso raiolas de sol; bastante público por parte do Cambre e poucos seguidores do Laracha.
Sairon inicialmente Buño; Sergio, Iván Cotelo, Santi, Alberto R; Marco, Alberto, Manu; Edu, Brais e Ures.
Gran inicio por parte dos nosos, que durante os primeiros quince minutos fixéronse donos do terreo de xogo, con fútbol de toque e bos movementos de balón, polo que non foi de extrañar que no min. 8 se adiantaran con un golazo de Alberto.
Esta primeria parte, salvo uns minutos de descontrol, foi dominada polo Laracha, que debería de haber chegado o descanso con un 0-3 favorable, xa que as oportunidades foron moi claras, incluido un disparo o longueiro.
Na segunda parte xogaron Rubén (por Buño), Koya (por Santi), Álvaro (por Edu), Juan (por Brais) e Nico (por Manu).
Na reanudación unha boa xogada pola banda estivo a piques de acabar co 0-2, pero o non rematalo partido, permitiu o Cambre que no 4" empatara, e no 8", co desconcerto nos nosos, adiantárase. Uns minutos despois, no 13", unha rápida xogada o contrataque, e aproveitando a velocidade de Ures, éste metíuse na área e foi derrubado polo porteiro do Cambre; penalti claro que debíu de supoñer a expulsión de este, pero que o colexiado nin siquiera amonestou. Executado por Alberto, serveu para que os visitantes empatásemos o encontro; pero neses intres o dominio era xa claro dos locais; o Laracha estaba a xogar mais en función do contrario que a movela pelota de forma axeitada.
No min 25" chegou o 3-2, no 31" o 4-2 e no 38" o definitivo 5-2, e nos últimos minutos, ben se poideron traer dous ou tres mais.
En resumo, gran  primeira parte con bo xogo, amplo sacrificio e mala fortuna, e baixón na segunda a raiz do empate do Cambre, que fixo que os nosos arrecuaran e desapareceran case do encontro.
Quédanos mellorar para a vindeira xornada, por que recibimos o Betanzos, o cuarto clasificado pero o máximo realizador da liga.

Imaxes do encontro :







 


Por certo,  días de frío, que sentalo "cu" nas gradas dos campos e case un risco, e de agradecer o detalle que hai en Cambre para que a xente se anime a estar nas gradas.... un simple anaco de polispán... Algúns deberían de tomarse nota.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario