COMENTARIOS

lunes, 26 de noviembre de 2012

11ª  XORNADA  - SABADO 24/11

Mera CF  -   Laracha CF    3 - 1

Encontro celebrado as 10 en Mera, no campo de terra e con reducidas dimensións, e que en principio pensábamos que estaría en pésimas condicións , pero que se atopaba en bo estado para disputalo partido e que non pode servir de excusa para o resultado. Tempo desapacible, moito vento que na primeira parte favoreceu os locais e na segunda o Laracha, ainda que nesta metade a choiva puxo o terreo como un lodazal

O Laracha formou inicialmente con Alexandro; Keco, Santi, Martín, Sergio; Marco, Alberto, Manu; Koya, Brais e Ures.; sorprendéndonos Revolo ca colocación de Koya pola dereita, e xa mais acostumbrados a ver a Sergio na banda esquerda.

Os locais con un xogo de pelotazo longo e aproveitándose do forte vento pronto se adiantaron no marcador, no min 6, e no 10 xa estaban 2-0, e no 20 sorprendéunos un gol de saque do porteiro local que o vento levou ata as nosas redes.

Finalizou a primeira metade sen que os nosos foran capaces de adaptarse o campo nin o vento en contra, e só unha boa oportunidade de Koya, dou atisbos de esperanza de cara a segunda metade co vento a favor.

Na segunda parte saíron Buño (`por Alexandro), Alberto R (por Sergio), Juan (por Brais), Iván Cotelo (por Martín) e Rodrigo (por Koya), e nos primeiros cinco minutos, varias combinacións deron lugar a tres oportunidades consecutivas para acurtar distancias, pero Ures non tivo fortua de cara a portería. Ata o min. 19 non chegou o gol, marcado por Keco, nun barullo na área contraria. Posteriormente dous remates de Ures saíronse alto, cando case se cantaba o gol, e pouco mais que contar, o factor vento non se soupo aproveitar, e controlalo balón tal como estaba o campo fíxose imposible. O final, outra saida que inicialmente deberíamos de aproveitar, e da que se volta sen nada.

Confiamos nos rapaces e sabemos que no próximo seguro que sumamos os tres puntos... ANIMO !!!

Quedan algunhas imaxes do encontro :

 







 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario