8ª XORNADA - SÁBADO 03/11
Laracha CF - SD Santirso 3 - 1
Encontro disputado no campo de Laracha as 10 da mañán, e con pouca afluencia de aficionados nos instantes iniciais.
De arranque sorprendeu a formación do Laracha, con cambios de ubicacións de algún dos xogadores. Saltaron inicialmente Buño; Keco, Iván Cotelo, Santi, Alberto R.; Alberto, Manuel, Marco; Álvaro, Brais e Sergio.
Bo comenzo dos locais, que entraron moi motivados no encontro, e no min. 10 un forte disparo de Alberto foi rechazado polo porteiro do Santirso quedándolle o balón a Álvaro que no seu remate atopouse co corpo de porteiro. Non cederon no ataque e no min. 20 un bo pase de Brais foi aproveitado en carreira por Sergio para establecer o 1-0. Cinco minutos antes, nunha contra case de libro, o Santirso marcou, pero o gol foi anulado por fora de xogo.
A partir do gol dos nosos, o Santirso comenzou a apretar, e parece que os xogadores locais colleron medo, comenzando a arrecuar, e levándonos o xogo coñecido dos derradeiros partidos; tal foi a intensidade posta polos visitantes, que no 21 aproveitándose dunha mala recepción de Buño, estableceron o empate a un; resultado que non se movería durante a primeira metada, ainda que as ocasións contáronse mais por parte do Santirso.
Na segunda metade saíron Juan, Rubén (todavía renqueante), Edu, Rodrigo e Alex, e durante os primeiros minutos, os xogadores parecían estar durmidos no campo, pero o empuxe dos aficionados pareceu espelilos, e no min. 30, xogada de picardía de Edu levou o 2-1 o marcador, e no 32 chegou o gol da tanquilidade, un golazo, de Alberto (marca da casa),que se debería de prodigar mais neste tipo de accións.
O final, tres puntos que se quedaron na casa ante un rival similar e incómodo e que servirá para tranquilizar os nosos xogadores e facerlles subir algún posto na clasificación.
Dos equipos que levo visto ata o de agora, e falando dende o pouco que poido entender, asómbrame a calidade que temos no medio do campo, con dous xogadores técnicos, con clase e disparo, como son Alberto e Manu, e o pouco rendemento que se lle está a sacar. Como ben digo, na miña modesta opinión, creo que deberíamos de darlles mais confianza os rapaces e aspirar a un pouco mais que o pelotazo... equipo hai.
Ahí quedan algúns dos momentos do encontro :
No hay comentarios:
Publicar un comentario