22ª XORNADA - Sábado 16/02/13
Laracha FC - Sporting Meicende 1 - 2
As 10 da mañán comenzou o e contro nun día apacible e soleado. Sairon de inicio Rubén, Sergio, Martín, Alberto, Alberto R; Marco, Alex, Manu; Koya, Ures e Juan.
Bo comenzo dos locais, que no min. 7 a piques estiveron de marcar,nunha xogada de Alex e Koya, que finalizou con pase a Ures que disparou con moito perigo. Tres minutos despois, escapóuse Ures pola banda dereita e o seu centr foi remtado floxo por Juan. No min. 16, unha falta sobre Juan foi desaprobeitada por Alberto que disparou lonxe da portería; tres minutos despois un bo pase de Juan a Manu, finalizou con un disparo de éste preto do posto, e dous minutos despois, nova oportunidade de Ures a pase de Juan.
Tantas oportunidades, e no min 23 unha rápida xogada dos visitantes puido acabar en gol se o árbitro siñala un posible penalti na área local.
Continuaron as oportunidades, no min 27 unha vaselina de Koya foise fora por pouco,e no 29 unha man lanzada por Alex case acaba dentro da portería. Pero o gol non chegou ata o 31, nunha falta executada por Alberto, que Manu resolve na área pequena para firmalo 1-0.
No min 36 un despiste defensivo case costa o gol do empate, pero novamente no 39, e 40 duas novas oportunidades de Alex puideron dar mais ventaxa os nosos rapaces.
Na reanudación saíu Cote por Martín, e no min. 2,unha perda de balón no centro do campo, unha rápida contra do Meicende, e o seu 9, rápido e espelido, con unha vaselina puxo as tablas no marcador.
No min 10" unha falta lazada por Koya foise o poste, é Ures tentando remachar, lesionóuse momentáneamente Ures. No !4" Álvaro sustitui a Juan, e saiu como sempre con moitas ganas.
No 17" unha rápida contra do Meicende, acabou nos pes do seu goleador que se foi de Cote e éste no forcexeo derribouno lesionándose por uns minutos o xogador visitante. A xogada non sería de extrañar que poidese acabar en penalti, que o árbitro non siñalou.
No 23" entrou Edu por Koya; xa facía meses que non se vía no campo a este xogador, e quizás botóuse en falta en moitos partidos a sua templanza e claridade para xogalo balón.
A partires de aquí, o partido cambió completamente, xa dende o inicio da segunda parte os nosos foron baixando, pero nestes minutos o encontro comenzou a asemellar o da primeira volta en Meicende, e peor puido acabar se o árbitro siñala un penalti e expulsión no min 28, por un empurrón de Alberto a un xogador contrario sen estar o balón en disputa; fea a resposta de Alberto a patada que previamente o contrario lle dera o porteiro local . O final, cartón marelo para Alberto que foi sustituido por Alesandro, que saiu na dianteira, baixando Marco a cubrilo posto de Alberto, Deste xeito, se tábamos vendo que o partido se escapaba, mais o comprobar que aumentaban os dianteiros, a media non andaba demasiado fina, e a defensa non era a axeitada, non foi de estrañar que nos seguentes dez minutos se sucedesen catro oportunidades visitantes.
Xa fora do tempo,no 45", Alex viu tarxeta marela, e na continuación Manu enviou un balón a escuadra que o porteiro sacou de forma increible, e do posible 2-1, no contrataque seguinte, os visitantes, como na ida, maracaron xa no min 46 0 gol da vitoria que celebraron, tanto xogadores como afecionados, como se da victoria na liga se tratara.
Por certo...se o outro día no me pareceu correcto o de Martín, hoxe o mesmo con Alex Vilariño; sego sen comprendelo de levalos rapaces ...que quenten ...e logo non saian... non creo que nos estemos xogando o ascenso.... nin o descenso.
Saiu moi noxado Rubén, que se encarou cos contrarios e que tivo que ser agarrado polos compañeiros para que a cousa non fose a maiores.
O final, tres puntiños que se escaparon, e unha segunda parte case para olvidar, pero sí para recordar que dende o primeiro xogador ata o último, non se pode vivir de rendas, e que non se pode dar un balón por perdido e que hai que esforzarse durante todo o encontro,e que calquera que non se vexa pola labor, debería de deixalo seu posto a outros compañeiros que si están por "sudala camiseta".
O IMPORTANTE NON E GAÑAR OU PERDER....PERO SI ESFORZARSE...
Algúns momentos do encontro :
Boas,como lector deste blog gustaríame dar a miña humilde opinión sobre este: Primeiro querería deixar claro que realiza unha función importantísima xa que informa dos partidos e de moitas cousas máis de un equipo de futbol base que hoxe en día esta moi olvidado polos medios de comunicación deportivos respecto do futbol profesional. Pero tamén opino que esta tarefa emborrónase cando a mezclamos con opinións persoais dun afeccionado e críticas ao conxunto que forma o equipo(xogadores,adestrador,...)xa que creo que merecen un mínimo respecto.Non digo que a solución sexa calarse pero temos a opción de falar coa persoa que creemos que estase a trabucar e non escribir críticas das ganas dos xogadores,do xogo do equipo,... nun blog todo o mundo pode ter acceso.Volvo a repetir que esta é a miña HUMILDE opinión, xa que sendo afeccionado ao futbol dende fai moitos anos e moito máis do futbol base isto é o que paréceme máis correcto en beneficio dos rapaces e do equipo en xeral xa que non critico que o dito sexa mentira nin verdade senón que cómo lector paréceme un planteamento equivocado o de facer críticas nun blog e non ir de cara. Gustaríame que se pensas que estou equivocado unha contestación. Un saudo.
ResponderEliminarIndicar que sempre me gusta que a xente colabore, e que incialmente esa era a idea do blog, que a xente se vira implicada, ainda que pouco a pouco desistín da idea.
ResponderEliminarComo ben dís, trátase de que este grupo de rapaces non se vexan no olvido, e que como outros equipos, dispoñan dalgunha información, datos e fotos en xeral e se coñezan un pouco.
Doutro xeito, tamén sempre pensei que nesta categoría, como noutras inferiores, como recordo que me dixo un gran entrenador de fútbol sala fiminio, e que os rapaces se divirtan, e sobre todo aprendan educación deportiva, o que implica que todos deben de colaborar uns con outros, e chegados casos como os do día do Meicende, un pouco quizás levado polo noxo, fixen unha crítica a actitude en xeral, que non a aptitude, e na que me reitero; mellores ou peores, todos deben de esforzarse, por que deso se trata...de xogar en equipo e para o equipo.
Con respecto o adestrador, ata o de agora, se se fai unha lectura dos comentarios, pódese observar que as críticas foron mínimas e só nestes últimos encontros, fago referencia A ILUSION CON QUE UN RAPAS VAI CONVOCADO PARA QUE O FINAL NON XOGUE NIN UNS MINUTOS. Como ben dixen anteriormente, este non é un equipo profesional, senón un equipo de rapaces con ilusión, e cortarlla de rais, non me parece correcto, quizais o enganado son eu, pero tamén levo moitos anos no fútbol base e esto non era o que se predicaba, nin competencia nin profesionalidade, senon loita, educación deportiva e esforzo.
Por último decir que as críticas, se é que o foran,no meu caso, sempre aparecen con nome e apelidos, co cal, o ir de cara está claro, por eso agradezo sempre que tamén os comentarios,como sucede na maior parte dos poucos que se fan, aparezan con identidade.
No resto, estamos de acordo, hai que perder un pouco de tempo para apoialos rapaces do fútbol base, darlle un pouco de ánimo e publicidade, ainda que esto nos coste horas de madrugóns, e horas de sono perdido para recopilar e poblicar no blog.
Un saudo, e agradecido polo comentario.
Volvo a repetir que creo que equivocaste facendo crítica por un blog e non ir e decirlle a quen consideras que estase a equivocar.
ResponderEliminar